02×04 Especial Día das Escritoras

Lo puedes escuchar y ver en:

Hoxe temos un episodio moi especial que compartir con todos vós. O Día das Escritoras celébrase o luns máis próximo ao 15 de outubro, pero nós mantémonos fieis á tradición de estrear episodio os mércores (e, ademais, non entendemos moi ben por que o Día das Escritoras non se pode celebrar o propio 15 de outubro, por certo).

Para este episodio especial contamos cunha convidada moi especial: Antía Yáñez, autora galega que quixo ‘autoconvidarse’ ao noso pequeno espazo literario, desquiciado e feminista para falar de… de todo un pouco. Do mundo editorial (e das diferenzas entre o estatal e o galego). Do papel das mulleres no sistema literario (que para iso é o Día das Escritoras). De como fixemos a nosa viaxe entre a carraxe e o feminismo. Ben… e tamén de Ana Obregón e outros eventos canónicos da cultura pop.

Se queredes ler a Antía Yáñez (e DEBEDES ler a Antía Yáñez), as nosas recomendacións son estes tres libros seus: